Animación é a técnica ou noción de movemento que se aplica sobre un elemento ou individuo. Hoxe en día, o termo animación está moi ligado á produción gráfica de debuxos animados, pero en termos xerais son moitas as situacións en que a animación acontece por fóra daquela. Neste sentido, un animal ou individuo pode pasar do repouso á animación á hora de realizar calquera tipo de actividade. 'Estar animado' é unha expresión que implica a existencia dunha actitude activa.

A animación como técnica artística podería describirse como a forma de xerar secuencias gráficas en diferentes soportes para representar, a través da alternación dunhas e outras de modo continuo, a ilusión de movemento aínda que en realidade sexan todas imaxes estáticas. A animación pode ser entón entendida como unha ilusión óptica xa que aos ollos humanos parece ser algo cando en realidade non é máis que a aplicación repetida das diferentes imaxes o que lle dá a condición de dinamismo e mobilidade.




ENLACES DE INTERÉS:

Definición de animación
Definición, técnicas y estilos de animación
Animación
Animación digital






  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS
Read User's Comments1

Benvidos a este blog, un universo cheo de pequenas e variadas manifestacións artísticas que orbitan no espacio virtual.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS
Read User's Comments0